Podan as árbores nunha ladeira da N-VI ante o risco de caída

Os traballos de realizaron entre Arias Nadela e a Avenida Afonso X O Sabio

Trabajos de desbroces. J.VÁZQUEZ
photo_camera Traballos de roza na N-VIN realizados este luns. J.VÁZQUEZ

O servizo de Conservación de Estradas do Ministerio de Fomento procedeu este luns a unha poda xeneralizada de árbores nunha das ladeiras da N-VI, concretamente entre Arias Nadela e a Avenida Afonso X O Sabio. Os traballos de poda obrigaron a cortar un dos carriis e desviar o tráfico da zona durante unhas horas. A talla produciuse pola alta probabilidade de que as árbores caesen sobre a estrada, xa que se atopaban moi descoidados e ameazaban con desprenderse sobre a calzada.

Comentarios