lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

O pleno rexeita unir o parque Rosalía e o Marcos Cela co río con pasarelas

Parque Rosalía de Castro. SABELA FREIRE
Parque Rosalía de Castro. SABELA FREIRE
O equipo de goberno alega impacto visual na idea do PP, a pesar de que hai anteproxecto  O Concello será pioneiro en adaptar o Pepri ao nivel de protección patrimonial da Xunta

Os tres parques lucenses que miran cara ao río —a Rosalía de Castro, os Marcos Cela e o Miño— non estarán unidos por pasarelas, como propuxo no pleno o grupo municipal do PP, botando man dun anteproxecto antigo que fora encargado no seu día polo Concello. A comunicación do centro da cidade co río a través de zonas verdes e dúas pasarelas desde a chaira do Pavillón dos Deportes ata a Volta da Viña foi este xoves rexeitada polo equipo de goberno local alegando que, segundo consultas a técnicos, esas pasarelas suporían un impacto visual e ambiental.

"Antes de facer unha proposta así deberiamos asegurarnos se é viable. Este proxecto supoñería a instalación de ascensores, cun grande impacto visual, polo que correriamos o risco de cargarnos o parque. Polo que non se poden matar moscas a cañonazos. Hai que mirar primeiro o impacto visual e medioambiental que causaría iso", explicou o edil de medio ambiente, Miguel Fernández.

A proposta do PP pretendía que se unise o Parque Rosalía de Castro co Miño a través de dúas pasarelas, de 50 metros, desde o Pavillón dos Deportes ata o Parque Marcos Cela e desde aí ata a Volta da Viña.

O proxecto incluía dous pasos desde o Pavillón dos deportes ata a Volta da Vila e uniría o centro coas ribeiras do Miño

A idea contaba co apoio de Ciudadanos que expuxo, ademais, "que cando se fale de zonas verdes, mírese para o rural e dóteselle de servizos", indicou o concelleiro Juan Manuel Vidal Pardo.

Pola súa banda, o edil do PP Antonio Ameijide criticou o rexeitamento do equipo de goberno á proposta. "Hai que ter altura de miras e abandonar a estratexia de ser a oposición da oposición", dixo.

PATRIMONIO. Lugo será o primeiro Concello de Galicia en ter homoxeneizados, no seu plan de protección especial do recinto histórico (Pepri), os niveis de protección do patrimonio catalogado marcados pola Xunta.

A área de sustentabilidade urbana trasladou onte ao pleno a conformidade da Dirección Xeral de Patrimonio ás equivalencias realizadas polo servizo de arquitectura para harmonizar a normativa do Pepri coa lei autonómica. Segundo a alcaldesa, Lara Méndez, isto "permitirá abordar con maior dilixencia os procedementos urbanísticos que afecten a elementos arquitectónicos ou paisaxísticos nos que sexa obrigada a supervisión do ente galego".

O pleno rexeita unir o parque Rosalía e o Marcos Cela co río con...
comentarios