A Plataforma Feminista convoca un acto de homenaxe a Cristina Cabo en Lugo

"Era alegre, comprometida e xenerosa. Tíñao todo", di da vítima a presidenta do colectivo
Flores en la tienda A Despensa do Avó. SEBAS SENANDE
photo_camera Flores y velas en la tienda A Despensa do Avó. SEBAS SENANDE

A Plataforma Feminista de Lugo anunciou, logo da reunión que mantivo na mañá deste mércores, a convocatoria dun acto de homenaxe a Cristina Cabo Buján e de repulsa pola brutal asasinato A presidenta deste colectivo, Ana Torrón, confirmou que mañá terá lugar unha concentración ante a Casa do Concello de Lugo, a partir das 20.00 horas.

"Invitamos a toda a cidadanía a participar", dixo Torrón, quen tamén confirmou que no transcurso do acto procederase á lectura dun "manifesto", no que a plataforma expresará a súa repulsa por este crime.

 Torrón recoñeceu que a detención do único sospeitoso é un certo "consolo" para as persoas que apreciaban a Cristina, unha muller moi implicada co colectivo feminista, que incluso chegou a ler o manifesto da plataforma na celebración do Día da Muller —8M— no ano 2021. "Sería moito máis duro saber que o tipo estaba por aí tomándose un café tranquilamente", dixo Torrón. 

Ana Torrón recoñeceu que todas as súas compañeiras están "absolutamente esnaquizadas" ante un suceso "que non ten nome". "Era unha persoa comprometida socialmente. Que fixo unha chea de cousas pola cidade. Moita xente coñecíaa. Era alegre, comprometida e xenerosa. Tíñao todo", concluíu. 

comentarios