miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

A plataforma Stop Suicidios de Lugo advirte de que a situación "está por que nunca"

Román Reyes y Jorge Balado, en la presentación del manual. EP
Román Reyes y Jorge Balado, en la presentación del manual. EP
Serfuja promove un manual de prevención de suicidios para colectivos sanitarios da provincia de Lugo

O portavoz da plataforma Stop Suicidios, Román Reyes, afirmou este martes en Lugo que "a situación", en canto á problemática das persoas que se quitan a vida, "está peor que nunca". Así o explicou na presentación dun manual de prevención de suicidios para colectivos sanitarios impulsado pola funeraria lucense Serfuja.

A falta dos datos de 2021, os do ano 2020 deixan un balance de casi 4.000 persoas que se suicidaron en España, "pouco máis de 3.900" fronte ás 3.671 persoas do ano anterior (2019).

No entanto, Reyes avisou de que esta cifra podería "triplicarse", ao non terse en conta outras formas que acabar coa vida dun como ocorre cos "accidentes de tráfico".

Desde a plataforma avisan de que esta situación se viu acrecentada coa pandemia, e lamentou que desde as distintas administracións non se puxo remedio a este alto número de persoas que se quitan a vida.

En canto ás causas, Reyes aferrouse a que "non é experto" aínda que se refire ao caso da súa nai que se suicidou en 2019 por "unha depresión", o que lle levou a concluír que estamos ante "crimes de estado" onde non se ten en conta "a desesperanza" das persoas.

Tamén puxo en valor a necesidade de que os psicólogos se incorporen ao "sistema público de saúde", apelando a que "moitas persoas non se poden permitir pagar sesenta euros por unha consulta".

PORCENTAXE ALTA. Unha situación á que non é allea Galicia "cun das porcentaxes máis altos a nivel nacional", indicou Román Reyes, que engade que "é obvio que se as cifras son as máis altas terían que porse en marcha medidas que estean á altura" desta alta mortalidade.

Reyes, que participou nunha iniciativa que puxo en marcha a funeraria lucense Serfuja para colaborar na prevención do suicidio, concluíu que esta era a principal causa de morte "non natural en España".

O manual
A empresa Serfuja promove a elaboración dun manual de prevención de suicidios para colectivos sanitarios da provincia cun proxecto no que tamén colaboran o portavoz da plataforma Stop Suicidios, Román Reyes, e ao que se sumaron xa as directivas dos colexios profesionais de Enfermeiros e o de Veterinarios.

Tal como anunciou este martes en rolda de prensa o xerente da empresa, Jorge Balado, esta iniciativa cobra especial sentido ante o forte impacto desta realidade na provincia, a segunda de toda España con maior taxa de suicidio. En concreto, en 2020 (últimos datos dispoñibles) producíronse en Lugo 13,72 suicidios por cada 100.000 habitantes, o que supón un 53% máis que a media española (8,96 casos por cada 100.000 habitantes) e case un 20% máis que a media galega (11,49).

A guía que impulsa Serfuja incluirá, entre outros aspectos, as sinais de alerta ás que convén prestar atención no comportamento propio e alleo; os mitos que sempre acompañaron ao suicidio e que resulta imprescindible desmontar; os recursos dispoñibles para plantar cara a este tipo de situacións; e tamén pautas para afrontar a xestión do duelo ante un caso dunha persoa dunha contorna.

A publicación, cuxa versión dixital será de descarga gratuíta a través da web da empresa, remitirase en primeiro lugar aos integrantes dos colexios profesionais implicados. A este respecto, Balado agradeceu ás directivas do Colexio de Enfermeiros e de Veterinarios a súa "predisposición a colaborar e a súa sensibilidade" nesta cuestión, á vez que detallou que tamén contactou con representantes do Colexio de Médicos "polo especial impacto da pandemia sobre os colectivos sanitarios".

A plataforma Stop Suicidios de Lugo advirte de que a situación...
comentarios