sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

Pilar de Lara ordena o rexistro da Cámara de Comercio de Lugo

Fachada de la sede de la Cámara de Comercio de Lugo
Fachada de la sede de la Cámara de Comercio de Lugo
Non hai imputados nin detidos polo momento. Un informe do Consello de Contas de febreiro de 2015 sinalaba múltiples anomalías na fiscalización do órgano, polo que a Fiscalía lucense presentou unha denuncia

A xuíza Pilar de Lara ordenou o pasado luns un rexistro na Cámara de Comercio de Lugo. Un informe de fiscalización do Consello de Contas de febreiro de 2015 no que sinalaba múltiples anomalías durante os exercicios de 2010 e 2011 foi o detonante de que a fiscalía lucense denunciase a situación.

Foron rexistradas as sedes da Avenida Ramón Ferreiro e as oficinas que a Cámara ten no edificio da Uned da capital. O traballo demandado desde os xulgados lucenses estendeuse desde a mañá deste luns ata ben entrada a madrugada do martes.

Desde a Cámara de Comercio, non quixeron realizar declaracións respecto do tema este mércores. Os delitos aos que se poderían enfrontar os responsables da Cámara refírense a malversación de caudais públicos, alzamento de bens, contratacións ilegais, fraude nas subvencións, administración desleal ou apropiación indebida.

Polo momento, non hai imputados nin detidos.

INFORME DE CONTAS. O escrito emitido polo Consello de Contas apreciou diversas irregularidades nas xustificacións dos orzamentos, os honorarios aos directivos, as contratacións de servizos a empresas sen realizar ningún concurso público e cuestionables gastos de viaxes e comidas, entre outras.

Por pór un exemplo, o informe de Contas enumeraba os 31.638,31 euros que cobrou unha empresa do exdirector xerente da entidade durante os exercicios mencionados. A adxudicación outorgouse sen convocar concurso ningún.

O sistema de control interno da Cámara presentaba "diversas deficiencias", segundo Contas, debido a que non se realizaba mediante un órgano específico, senón que era a directiva quen se autoexaminaba.

Pilar de Lara ordena o rexistro da Cámara de Comercio de Lugo
comentarios