Piden que o Concello de Lugo restrinxa o uso de pirotecnia aos primeiros 15 minutos de Ano Novo

A asociación Libera pide conciliar a festa co "respecto empático a outros seres vivos"
Fuegos artificiales. AEP
photo_camera Fogos artificiais. AEP

O colectivo animalista pídelle ao goberno local de Lugo, e en concreto á alcaldesa Lara Méndez, que asine un bando municipal para "restrinxir o uso de artefactos pirotécnicos aos primeiros quince minutos do ano novo", co "obxectivo de conciliar a festa co respecto empático a outros seres vivos".

A asociación Libera recorda que "diferentes expertos alertan de que o uso de petardos e outros elementos explosivos causan danos á fauna silvestre, especialmente ás aves, e teñen efectos potencialmente nocivos sobre os animais de familia e sobre colectivos humanos especialmente sensibles, como bebés, nenos e persoas maiores".

Libera recorda que se o goberno local decide finalmente sacar este bando, estaría "a seguir os pasos do Concello de Vitoria, que desde hai anos restrinxe o uso de artefactos pirotécnicos aos primeiros quince minutos" do ano novo.

Ese decreto "establecería as limitacións e facultaría á Policía Local para actuar no caso de que se vulnerasen as disposicións contidas no mesmo".

Comentarios