Pídenlle tres anos e medio por romperlle a outro os dentes dunha puñada

A vítima trataba de mediar nunha pelexa e levou un golpe que lle partiu a mandíbula
La Audiencia Provincial de Lugo, donde se confirmó el fallo. AEP
photo_camera A Audiencia Provincial de Lugo. AEP

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a F.S.G, a quen a Fiscalía pide tres anos e medio de prisión acusado dun delito de lesións con deformidade, despois de que supostamente propinase unha puñada a outro home coa que lle partiu a mandíbula e varios dentes.

Segundo figura no escrito de acusación, os feitos sucederon na madrugada do 28 de outubro de 2017, cando o acusado, de 54 anos, atopábase na Praza Pío XII, onde un grupo de persoas estaban a discutir. Nese momento, explica o ministerio público, un mozo tratou de mediar na discusión e o acusado, "guiado polo ánimo de menoscabar a integridade física propinoulle unha puñada na cara".

Tras ser recoñecido polo médico forense constatáronse as seguintes lesións: "fractura maxilar con avulsión de dentes incisos-centrais superiores dereito e esquerdo e fractura parcial de dente incisivo lateral superior esquerdo". As lesións necesitaron de tratamento cirúrxico e tardaron en curar 404 días. Ademais, quedaron secuelas funcionais, como a perda de dous incisivos centrais superiores (dereito e esquerdo) e dous implantes.

Ademais dos tres anos e medios, a Fiscalía pide que o acusado abone 16.437 euros de indemnización máis todos os gastos médicos.

Comentarios