Pezas elaboradas en ouro e prata durante máis de 3.600 anos

Entre as máis curiosas, están un torque decorado con patos e outros con cascabeis que producen son co movemento

Inauguración de la nueva sala de ofebrería del Museo Provincial. XESÚS PONTE
photo_camera Inauguración da nova sala de ofebrería do Museo Provincial. XESÚS PONTE

CapturaA colección do Museo Provincial abarca un período de 3.600 anos, desde o terceiro milenio antes de Cristo, incluíndo o Calcolítico e a Idade de Bronce e pasando pola cultura castrexa, e ata o século VI, centurias logo da dominación romana e con xoias de orixe germánico, entre as que destacan un deseño diferente de pendentes, máis longos, e tamén broches que eran un símbolo de poder para quen os lucía. As pezas máis abundantes sitúanse cronoloxicamente na cultura castrexa, entre os séculos VIII a.C. e o século I.

Na colección, hai xoias que son auténticas curiosidades como, por exemplo, un torques decorado con parrulos. "Seguramente, están vinculados co máis alá. É o único con decoración figurativa", afirma a directora do museo, Aurelia Balseiro. Outros torques ofrecen decoracións non figurativas como liñas e puntos, triángulos ou círculos.

Resulta rechamante que algúns torques incluísen dentro un cascabel "co fin de facer un son intencionado", engade Balseiro. Tamén os había cun segundo uso como brazaletes.

As pezas da colección achadas na capital lucense son unha arracada da Agra dos Castros, na Piringalla, e o sopapo áureo de Carzaval, aparecida en Santa Eulalia de Bóveda. Tamén hai xoias procedentes de Burela, Foz, Mondoñedo, Viladonga, Viveiro, Monforte, Pas, Pastoriza e Pol.

Comentarios