Pesar polo falecemento da propietaria do bar Centro, en Lugo, María Áurea Yáñez

Era moi coñecida por moitos lucenses, posto que levaba xa catro décadas á fronte do bar máis antigo da capital lucense
bar Centro1
photo_camera María Áurea Yáñez, tocando el piano en el bar Centro, de Lugo. AEP

O mítico bar Centro, da capital lucense, está de loito. A súa propietaria, María Áurea Yáñez Fernández, faleceu o pasado luns, aos 80 anos, de forma inesperada. Esta a hostaleira moi coñecida por moitos lucenses dado que levaba xa catro décadas á fronte do bar máis antigo de Lugo (creado fai 119 anos), o Centro, situado na Praza Maior, establecemento no que se puxo á fronte xunto ao seu tamén falecido marido, Patricio Fernández, logo de rexentar tamén o restaurante do hotel da gasolineira de O Corgo e o antigo bar Castroverde, na Rúa do Progreso, en Lugo.

Natural de Navia de Suarna, onde os seus pais rexentaron o bar Pepe, María Áurea era unha amante da música. De feito, o bar Centro é dos poucos establecementos de hostalería que mantiveron, durante anos, o costume de ter música en directo. María Áurea, precisamente, tocaba o piano que había no bar os venres e sábados pola mañá. Pero María Áurea tamén fixo populares os pratos combinados, a calquera hora do día, e os ovos fritos.

A perda de María Áurea será moi sentida pola ampla clientela deste establecemento de referencia -xestionado agora polo seu fillo, José Ramón Fernández Yáñez-, polo que chegou a pasar o actor Charlton Heston ou o político cubano Raúl Castro.

María Áurea será despedida este mércores, ás cinco e media da tarde, nunha misa que terá lugar na capela de Velorios Lucenses.