Pesar dos empresarios de Lugo pola morte de Juan Bautista Prado Carreira

O falecido estivo á fronte de Almacenes Severino Prado e foi un dos fundadores da patronal lucense
Juan Bautista Prado Carreira y su hijo Juan Prado, en una imagen de 2001. AEP
photo_camera Juan Bautista Prado Carreira e o seu fillo Juan Prado, nunha imaxe de 2001. AEP

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) expresou este luns o seu pesar polo falecemento de Juan Bautista Prado Carreira. O que fose xerente de Almacenes Severino Prado S.L, foi tamén o primeiro presidente da Asociación de Empresarios de Comercio de Alimentación de Lugo e un dos fundadores da patronal lucense.

Nun comunicado, a entidade transmite a súa máis sentido pésame pola perda do empresario, "un dos lucenses inquedos que forma parte da xeración que impulsou novas empresas en Lugo e o asociacionismo empresarial provincial".

A organización empresarial transmite tamén o seu agradecemento polo papel representado por Juan Bautista na entidade e o seu agarimo á familia do falecido.