O falecemento do sacerdote Ramiro Veiga Núñez causou sorpresa e pesar en Albeiros e a zona norte da cidade e tamén en Friol, onde exerceu como párroco durante varias décadas e onde ademais promoveu a unión veciñal con excursións, entre outras actividades.
Actualmente exercía como axudante de Daniel García na parroquia lucense de Albeiros, onde foi velado, e era frecuente verlle pola zona.
Veiga Núñez foi enterrado no cemiterio de Ombreiro e o vindeiro sábado haberá unha misa na súa memoria na parroquia de San Martiño dos Condes (Friol). A eucaristía está prevista para as doce do mediodía.