Tres persoas resultan feridas tras unha colisión na Piringalla

O sinistro rexistrouse pouco antes das 20.00 horas
Colisión en A Piringalla. SEBAS SENANDE
photo_camera Os coches implicados na colisión na Piringalla. SEBAS SENANDE

Tres persoas resultaron feridas este domingo como consecuencia da colisión de dous vehículos na rúa Galego Tato do barrio da Piringalla.

O sinistro rexistrouse pouco antes das oito da tarde á altura do polideportivo Daniel Cordido e foi mobilizada a Policía Local e o 061, que atendeu aos feridos.