A Policía Local de Lugo denunciou a cinco persoas este luns por non facer uso da máscara obrigatoria pola pandemia de coronavirus.
Durante os filtros organizados para controlar o cumprimento das medidas de prevención, os axentes localizaron un home e catro mulleres que non facían uso da máscara.
As infraccións foron detectadas nas rúas San Pedro e Armanyá, na Praza da Milagrosa e no Parque da Milagrosa e os infractores tiñan entre 21 e 49 anos.