Penas: "Estaría ben que unha Federación Veciñal se encargue dos problemas reais e non do BNG"

"O bus e as súas liñas son unha excusa para facer política e presentar resultados a final de ano, non unha preocupación real" sinala o edil nacionalista

Alexandre Penas. SEBAS SENANDE
photo_camera Alexandre Penas. SEBAS SENANDE

O concelleiro de Infraestructuras Urbanas, Alexandre Penas, sinalou "estamos conformes coa crítica e positiva e, como organización, acreditamos nela" e engadiu "tamén cremos na participación cando se fai dun xeito constructivo e no momento en que se ten facer para que sexa efectiva". O Concelleiro de Infraestructuras Urbanas sinalou "o que pretende describir J. Vázquez como participación non é máis que un ataque desmesurado contra nós dende que chegamos ao goberno, tanto no referido ás Infraestructuras como no referido ao bus".

Alexandre Penas asegurou "dentro do movemento asociativo e veciñal lucense hai moita xente que actúa en positivo, estámolo vendo día a día na nosa acción de goberno". "Hai un movemento neste concello que non recibe ordes directas de ninguén e que si loita polos seus barrios e as súas parroquias, temos unha comunicación directa e imos facendo cousas” informou con edil Alexandre Penas que engadiu "así actuamos en Paradai, Fingoi, A Ponte, ás Gándaras, a Cheda, Albeiros, Galegos e outras zonas da cidade".

Para o edil de Infraestructuras “estaría ben que unha Federación Veciñal se encargue dos problemas reais da veciñanza e non do BNG unicamente". "O bus e as súas liñas son unha excusa para facer política e presentar resultados a final de ano, non unha preocupación real” sinalou Alexandre Penas. O concelleiro de Infraestructuras asegurou “desde a Federación tratarán de esquivar a reunión que lles ofreceu Arroxo cunha tentativa de manifestación contra o goberno de Lugo”. Dende as áreas dirixidas pola Tenencia de Alcaldía estableceuse contacto para realizar a reunión, entre ámbalas dúas partes, na primeira quincena de setembro.

Comentarios