Unha pelexa nunha despedida de solteiro acaba nunha petición de tres anos de cárcere

Un dos participantes sufriu unha agresión na cabeza e no pescozo cun vaso roto
Juzgados de Lugo. AEP
photo_camera Xulgados de Lugo. AEP

Unha esmorga nunha despedida de solteiro terminou cun dos participantes feridos e unha petición de tres anos de prisión para o agresor. O xuízo debía celebrarse este xoves no Penal 1, pero suspendeuse.

Os feitos que relata o fiscal sucederon ás cinco da mañá do 1 de agosto de 2015, cando un grupo de amigos celebraba unha despedida de solteiro por Lugo. Nese momento, o grupo tivo un altercado con outro grupo, durante o cal un dos participantes na despedida sufriu unha agresión na cabeza e no pescozo cun vaso roto por parte dun membro do outro grupo.

AMEAZAS. A Fiscalía solicitou dous anos e medio de prisión para un home acusado de ameazas a outro que acababa de testificar na súa contra nun xuízo por ameazas. Fíxoo, ademais, na mesma porta do xulgado.

Ademais de darlle un golpe na cabeza, segundo a Fiscalía, díxolle: "Vaste a arrepentir, subnormal, vouche meter unha malleira", ademais de ameazar tamén á noiva da testemuña e chamala "puta". 

Comentarios