Pechan os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro polos fortes ventos

Árboles afectados por el temporal en Lugo. EP
photo_camera O Parque Rosalía de Castro, pechado. ARSENIO COTO

O Concello de Lugo pechou ao público os principais parques da cidade, o de Rosalía de Castro e o da Milagrosa, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta de temporal. A administración local acordou esta medida debido a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior que se prevén refachos de vento de 80 quilómetros por hora. 

Está previsto que o peche dos parques de manteña ata este venres, aínda que podería levantarse en función da evolución da ciclogénesis anunciada.

E é que o paso dunha fronte moi activa deu lugar á formación de Miguel, unha borrasca que está a deixar fortes ventos e intensas choivas en amplas zonas de Galicia, Cantabria, Asturias e en áreas do noroeste de Castela e León.

Comentarios