miércoles. 21.08.2019 |
El tiempo
miércoles. 21.08.2019
El tiempo

Pechado por descanso do gorrilla

Coches aparcados xunto á entrada principal do Hula, a zona máis cotizada polos gorrillas. PEPE TEJERO
Coches aparcados xunto á entrada principal do Hula, a zona máis cotizada polos gorrillas. PEPE TEJERO

A operación da Policía Local do martes disuadiu este mércores aos aparcacoches ilegais de actuar na contorna do Hula 

Non era día festivo pero moitos condutores que acudiron este mércores pola mañá ao Hospital Lucus Augusti puideron comprobar que nas rúas da contorna do centro non había, como é habitual entre semana, gorrillas xesticulando para que os vehículos estacionasen nas prazas libres que eles custodian.

O operativo despregado o martes pola Policía Local, que se saldou coa identificación e denuncia a cinco persoas por invadir a calzada, acabou por convencer aos aparcacoches ilegais de que era un bo día para pechar por descanso e dedicarse a outra actividade. Na xornada anterior, os axentes locais chegaron a utilizar coches camuflados para sorprender in fraganti aos gorrillas, polo que ao día seguinte preferiron non insistir ante a ameaza que se lles fixo de que poderían ser denunciados ante outras instancias por reiterar a súa actividade ilegal.

A Policía Local confirmou ademais que este mércores volveron pasar patrullas pola zona e comprobaron que non había ningunha persoa tratando de parar vehículos para que accedesen e prazas baleiras, aínda que nas redes sociais houbo algún cidadán que asegurou ver a algún gorrilla no leirapárking. De feito, a parcela municipal habilitada polo Concello como estacionamento gratuíto tamén adoita ser unha zona usada polos aparcacoches para pedir diñeiro aos condutores que deixan alí os seus vehículos, a pesar de que adoita moito espazo libre.

Mentres, as prazas para estacionar nas inmediacións da entrada principal do Hula, que adoitan ser a máis cotizadas polos gorrillas e polas que chegan a pedir ata cinco euros, permanecían este mércores libres de aparcacoches.

Pechado por descanso do gorrilla
Comentarios