Viernes. 25.05.2018 |
El tiempo
Viernes. 25.05.2018
El tiempo

Pecha Aqualife e parte do persoal e a actividade derívase o día 14 a Forus

Sala de adestramento de Aquallife. XESÚS Ponche
Sala de adestramento de Aquallife. XESÚS Ponche

Carpa Servicios, empresa relacionada con Forus, xa cobrou o último mes a algúns clientes de Aqualife sen pedirlles antes autorización

O centro deportivo Aqualife, un dos ximnasios decanos de Lugo que opera desde fai máis de 20 anos, pechará as súas portas o 31 deste mes pero parte do persoal e da actividade derivaranse a Forus xa a partir do próximo luns, día 14. Ademais, a algúns clientes cobroulles a última mensualidade Carpa Servicios, unha empresa do grupo Forus, sen solicitarlles previamente autorización para acceder aos seus datos.

Aínda que entre a clientela de Aqualife propagouse a noticia de que o ximnasio fora comprado por Forus, o certo é que ese termo non foi confirmado por ningunha das dúas empresas implicadas. Outra das versións apunta a que, en realidade, Forus recorrería a outra fórmula, como a do aluguer das instalacións para asegurarse de que, por un prazo de cinco anos, Aqualife permanecería pechado e sen operar como centro deportivo. Desta forma, o grupo Forus eliminaría a competencia que supuña esoutro ximnasio tan próximo e podería captar a parte da súa clientela.

Tamén se apunta á posibilidade de que, en realidade, Forus si utilice as instalacións de Aqualife no futuro, realizando alí algunha das súas clases, como as de piscina, que é un dos seus puntos fortes.

Polo momento, os clientes foron informados de que pecha a finais de mes. Gran parte dos monitores de Aqualife foron subrrogados por Forus, conservando as clases que impartían, a antigüidade e o seu horario habitual. Polo menos dous deles, que imparten actividades dirixidas que xa existen en Forus, non foron contratados.

A noticia foi recibida de forma desigual entre a clientela de Aqualife. Mentres que algúns xa dixeron estar disposto a cambiar de instalacións, outros cren que non o farán.

O representante de Forus en Lugo dixo este mércores non ter coñecemento de ningunha operación da empresa con Aqualife nin que se estea especificamente dirixindo aos clientes dese centro ao seu. Este xornal tratou este mércores de porse en contacto co departamento de comunicación de Forus en balde. Tampouco foi posible falar con representante algún de Aqualife.

Pecha Aqualife e parte do persoal e a actividade derívase o día 14...
Comentarios