sábado. 19.09.2020 |
El tiempo
sábado. 19.09.2020
El tiempo

A patronal lucense recibe "con desgusto" as medidas laborais do Goberno

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz. JUAN CARLOS HIDALGO (EFE)
A ministra de Traballo, Yolanda Díaz. JUAN CARLOS HIDALGO (EFE)
A CEL cualifica como "desafortunada" a intervención da ministra de Traballo, Yolanda Díaz

A Confederación de Empresarios de Lugo recibiu con "sorpresa" e "desgusto" as novas medidas laborais do Goberno.

A patronal lucense considera que os acordos adoptados no consello de ministros do venres, que inclúen prohibir os despedimentos durante a pandemia, "sitúan no disparadorio ás empresas" porque, ao seu xuízo, cuestionan "a súa imaxe e proceder" e afectarán "negativamente á posterior recuperación económica do país".

A CEL cualifica como "desafortunada" a intervención da ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, porque "nuns minutos bota por terra a honorabilidade das empresas españolas" porque interpreta que pon en dúbida "o seu proceder na adopción de medidas necesarias para non comprometer a súa posterior supervivencia". Advirte de que con estas medidas rompe o consenso cando "é máis necesario que nunca o diálogo social".

En cambio, a CEL ve con bos ollos as medidas anunciadas polo presidente da Xunta porque considera que "facilitarán o acceso inmediato a liquidez por parte de pemes e autónomos".

A patronal lucense recibe "con desgusto" as medidas laborais do...
comentarios