O aparcadoiro municipal do seminario é xa un picadeiro

Aparecen preservativos usados en e aparcadoiro, que abre ao público durante as tardes

Preservativos no aparcadoiro. AEP (2)A aparición de varios preservativos usados no aparcadoiro municipal do antigo seminario menor, que desde hai meses abre ao público fóra do horario de oficina, constata que este céntrico estacionamento está a ser xa usado por algunha parella como picadeiro.

Funcionarios e políticos que utilizan habitualmente este aparcadoiro sorprendéronse da aparición dos preservativos, que serían usados durante a fin de semana aproveitando que durante os sábados e domingo o horario de apertura ao público é máis amplo e chega ata as doce da noite.

A partir desa hora, as portas do aparcadoiro péchanse de forma automática, polo que desde ese momento a única forma de entrar ou saír co vehículo é usando o mando a distancia que se lles proporciona aos políticos e funcionarios municipais.

A aparición de preservativos non é única polémica que viviu este aparcadoiro, xa que desde antes da súa apertura ao público houbo persoas que denunciaron que os mandos a distancia estaban a ser utilizados por persoas alleas ao Concello, algo que aínda estaría a ocorrer, segundo indican algúns usuarios. Ademais, desde a apertura ao público, a Policía Local reforzou a vixilancia do aparcadoiro e incluso chegou a multar vehículos de políticos e funcionarios que non tiñan visible o permiso no coche durante horario de oficina.

Comentarios