Paradai estrea a ponte proxectada hai 16 anos

Os condutores lucenses destacan a mellora na comunicación entre o Sagrado Corazón e Duquesa de Lugo
El puente y el nuevo vial de Paradai abiertos este 13 de mayo al tráfico
photo_camera El puente y el nuevo vial de Paradai abiertos este 13 de mayo al tráfico

Fíxose de rogar pero xa está en servizo. A nova ponte de Paradai que comunica os barrios lugueses do Sagrado Corazón e As Gándaras con Duquesa de Lugo entrou este mércores en funcionamento logo de ser recibidas por parte da Xunta unhas obras que sufriron varias paralizacións e atrasos, pero que consuman unha vella aspiración, desatascar o tráfico de entrada a Lugo a través da ponte da estación de ferrocarril.

A apertura ao tráfico do novo viaduto, que supuxo un investimento de 3,5 millóns de euros por parte da Xunta, mentres que o Concello achegou os terreos, pillou por sorpresa a moitos condutores e peóns que paseaban na tarde deste mércores pola contorna.

A obra forma parte do plan Paradai, un dos proxectos aprobados nos seus postrimerías no último goberno local do PP, é dicir, hai 16 anos.

Comentarios