Os pais do Xoán Montes apoian con nota a docencia remota do centro

O instituto consultou nas dúas últimas semanas a unhas 280 familias, das que tres de cada cinco responderon á enquisa, o 60%
Alumnos de 2ª de BAC con mascarilla, en el Xoán Montes. EP
photo_camera Alumnos de 2ª de BAC con máscara, no Xoán Montes. EP

O profesorado do IES Xoán Montes de Lugo someteuse ao seu propio exame, tamén telemático. E pasouno con nota. Entre a semana pasada e esta o centro remitiu unha enquisa ánonima aos pais dos alumnos para que expresasen a súa opinión sobre como se está impartindo a docencia a distancia durante estes dous meses e medio de estado de alarma.

Responderon tres de cada cinco familias, das 280 consultadas. A enquisa constaba de 10 preguntas e a opción de realizar suxestións.

O 62% dos pais do instituto Xoán Montes considera "adecuadas" as tarefas esixidas; o 30% cre que foron "moitas" e o 8% restante repártese entre os adxectivos "demasiadas", "escasas" ou "nulas". As actividades que está a desenvolver o centro mereceron un sobresaliente ou un notable por parte do 82% dos familiares. Só o 5% lle puxeron un insuficente.

FACILIDADES. O 70,8% dos consultados puntuou cun 5 —a nota máxima— ou un 4 as facilidades que tiveron para comunicarse cos profesores. Só o 8% lle deu un suspenso. Esas porcentaxes foron similares cando se preguntou sobre os mesmo pero referido ao centro educativo.

A participación nesta consulta anónima e online foi parella entre os pais de alumnos dos catro cursos da Eso e os dous de BAC que se imparten.

O director do Xoán Montes, Miguel Vázquez, afirmaba este xoves que esta enquisa pon de manifesto que o centro "está a funcionar" e que as familias están "contentas" con como se está impartindo a docencia a distancia. Para que a fenda dixital non interferise, o instituto prestou 48 computadores aos alumnos para que puxesen seguir desde os seus domicilios as clases. Algúns estudantes teñen que utilizar os seus teléfonos móbiles como rúteres para conectarse. Ademais, a Xunta cedeu outros sete portátiles con conexión USB.

Comentarios