Pais e veciños piden que se arranxe un muro que está xunto ao colexio Illa Verde

Vecinos da rúa Roi Xordo e pais do colexio Illa Verde volveron a reclamar ao Concello que se arranxe un muro situado fronte ao centro, e que supón un risco evidente para os nenos e os transeúntes.

 Trátase dunha parede a media altura construída con bloques que está tamén xunto a unha zona de xogos infantís, e que desde hai tempo presenta un alarmante estado de deterioración nalgúns dos seus puntos.

 Nalgunhas zonas os bloques xa cederon cara a dentro do solar e aparecen suxeitos unicamente pola vexetación, con outros bloques totalmente desaparecidos. Os pais e veciños alertan do risco de caída nunha beirarrúa moi transitada, un perigo do que xa advertiron en máis ocasións sen que o Concello ata agora faga nada ao respecto.

Comentarios