Unha paciente denuncia que foi discriminada na PAC de Fingoi por ser xitana

O Sergas lamenta que Ruth León Gabarri se puidese sentir mal atendida e di que estudará o caso
photo_camera O vídeo-denuncia. YOUTUBE

A activista Ruth Leon Gabarri denunciou publicamente a través das redes sociais e ante a Policía ser discriminada no PAC de Fingoi, onde acudiu hai uns días para solicitar atención médica sen chegar a recibila. Segundo a muller, a doutora, que se comunicou por ela por teléfono, díxolle que xa vira xa a unha "chea de compañeiros" seus. Pola súa banda, o Sergas lamentou que a paciente se puidese sentir mal atendida e dixo que estudará o caso.

Segundo o relato da afectada, tiña dor de cabeza, de garganta e ansiedade, con taquicardias. Ese segundo motivo era a razón da súa consulta, segundo lle dixo á médica cando esta a chamou por teléfono. Inicialmente, cando chegou á PAC e explicou que lle ocorría pedíuselle que facilitase o seu número e esperase fóra.

Asegura que a médica lle contestou con malos modos, nada máis chamala e que de seguido lle dixo que non lle ía a facer a proba do covid, ao que ela respondeu que non era preciso porque xa se fixo ela mesma unha que resultara negativa e que se quería ser vista presencialmente por un médico era porque estaba moi nerviosa.

Ante iso, explica que a doutora insistiu en que non lle ía a facer a proba e que xa foran ao centro "moitos compañeiros". Cando lle preguntou "que compañeiros" respondeu que persoas co mesmo apelido. Di que lle pediu o número de colexiación para achegala a unha reclamación, cousa que, segundo o seu relato, se negou a proporcionarlle. Esa parte da conversación di que a mantivo co mans libres activo no interior do centro. Nun vídeo pide que os xitanos denuncien todos os casos de discriminación.