Lugo baixa dos 50 casos activos de covid

Todos os indicadores mostran melloría en Galicia
Uci del Hula. ANA VARELA
photo_camera Uci del Hula. ANA VARELA

Os casos activos de covid-19 seguen á baixa na provincia de Lugo ao pasar de 51 a 46. Segundo os datos facilitados este sábado polo Sergas, actualizados ata as 18.00 horas do venres, mantéñense 3 persoas hospitalizadas co virus, da que unha se atopa en planta do Hospital da Mariña e dous na Uci do Hula.

 

Desde que comezou a pandemia superaron a enfermidade 19.657 persoas na provincia, tras prescribirse 9 altas en 24 horas. En canto ás vítimas, faleceron 261, aínda que o Sergas contabiliza 253 ao non incluír varios decesos de lucenses ocorridos noutras provincias.

TODOS OS INDICADORES MELLORAN. Galicia inicia arrinca A fin de semana tras a ponte do 12 de outubro cunha baixada dos contaxios tras notificarse 28 nas últimas 24 horas, 10 menos que no día anterior.

Tamén descenden os pacientes ingresados por covid, 34, co que son catro menos; así como os casos activos, que quedan nos 451 –21 menos–. O mesmo ocorre coa taxa de positividade, no 0,88%.

Segundo os datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, continúan sete persoas hospitalizadas por covid en Uci e baixan a 27 os ingresados noutras unidades –catro menos–. 

Os casos activos de covid-19 descenden ata os 451, 21 menos, ao haber menos contagios (28) que altas (49), e ao non haber falecidos. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas de Santiago e Barbanza (+1), Pontevedra e O Salnés (+1) e Ferrol (+1), mentres que descenden na da Coruña e Cee (-5), Vigo (-7), Ourense (-6) e Lugo (-5). 

Xa que logo, a área da Coruña e Cee é a única por encima do centenar de casos e segue á cabeza co maior número de infeccións activas, 147; seguida pola de Vigo, con 80; Santiago e Barbanza, con 73; Ourense, con 65; Lugo, con 46; Pontevedra e O Salnés, con 28; e Ferrol continúa á cola, con 12.