viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Os tractoristas de Lugo seguirán a súa protesta polo menos ata o xoves e non irán á de Santiago

Pendentes de que a ministra reciba ao sector o día 10, os gandeiros acordaron habilitar espazos para aparcar os vehículos que non caiban na Ronda da Muralla, onde manterán un carril libre

Os gandeiros que están desde o xoves concentrados cos seus tractores en Lugo acordaron na tarde deste domingo prorrogar a protesta de forma indefinida polo menos ata o vindeiro xoves, data na que está previsto que a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, manteña unha reunión con todo o sector.

Outro dos acordos foi o de non trasladarse a Santiago, onde para este luns está convocada unha tractorada con gandeiros de toda Galicia, que se pretende manter polo menos, igualmente, ata o xoves.

A xunta de representantes municipais dos gandeiros tamén decidiu manter os tractores na Ronda da Muralla, deixando sempre un carril libre do mesmo xeito que os vaos. Habilitaranse igualmente espazos na chaira do pavillón dos deportes, a Avenida de Madrid e Infanta Elena para aparcar os tractores que non teñan sitio na Ronda da Muralla.

Outro dos acordos adoptados foi a instalación dunha mesa, a partir deste luns, fronte á sede da Xunta en Lugo, onde se recollerán firmas en apoio das súas reivindicacións que se trasladarán, posteriormente, nun escrito á Xunta.

Os tractoristas de Lugo seguirán a súa protesta polo menos ata o...
comentarios