Os tractores de Carrefour deixan Lugo para seguir a protesta na capital galega

Teñen intención de concentrarse ante outras cadeas de distribución. A mobilización está convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo
Tractores dirigiéndose de Lugo a Santiago
photo_camera Tractores dirigiéndose de Lugo a Santiago

Os tractores que bloquearon durante catro días o Carrefour en Lugo partían este mércores de madrugada cara a Santiago para concentrarse ante outras cadeas de distribución. Esta mobilización está convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, integrada por sindicatos e organizacións de produtores.

Mentres, centos de tractores continúan en Lugo rodeando a muralla romana por décimocuarto día consecutivo. A media mañá, as gandeiras teñen pensado manifestarse cos seus fillos pola rúa do centro da capital lucense.

A asociación convocante, Agromuralla, anunciou a través dun comunicado que este mércores manterá unha reunión coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Comentarios