Lugo contará con sete aparcadoiros disuasorios gratuítos antes de que finalice o ano

Créanse así 203 novas prazas de aparcadoiro en sete parcelas que suman en total case 6.000 metros cadrados

Antes de que finalice o ano estarán en servizo sete aparcadoiros disuasorios gratuítos en Lugo, segundo anunciou este mércores o portavoz do goberno local, Miguel Fernández.

O Concello de Lugo adxudicou as obras para o seu acondicionamento, que suporán un investimento de 253.000 euros e un prazo máximo de execución de cinco meses. Créanse así 203 novas prazas de aparcadoiro en sete parcelas que suman en total case 6.000 metros cadrados.

Situaranse en zonas deGarabolos, Lamas de Prado, A Milagrosa, Paradai, Avenida de Madrid e dúas no centro. Miguel Fernández dixo que é "unha aposta pola mobilidade" para facer "unha cidade máis amable, máis inclusiva e máis segura".