Os casos activos seguen á baixa na provincia e tres persoas continúan na Uci

Baixan os infectados e os contaxios diarios de coronavirus en Galicia

Entrada del Hula. EP
photo_camera Entrada del Hula. EP

Os casos activos de coronavirus na provincia de Lugo continúan á baixa e este sábado sitúanse en 28, nove menos que o venres. Segundo os datos publicados na web da Consellería de Sanidade nas últimas 24 horas superaron a enfermidade cinco persoas e detectáronse dous novos positivos.

A presión hospitalaria mantense sen cambios con tres ingresados na Uci do Hula. Os hospitais da Mariña e Monforte continúan sen pacientes covid.

Desde o inicio da pandemia curaron na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte un total de 19.694 persoas –cinco nas últimas horas–. Respecto das vítimas, contabilízanse 262 a última foi notificada na noite do xoves—aínda que o Sergas notifica unicamente 254 ao non sumar a algúns pacientes que morreron noutras áreas sanitarias.



GALICIA. A pandemia en Galicia continúa co seu descenso, algo máis lento desde hai días, pero que se nota na caída de casos activos (-3) e de contaxios diarios, 26 polos 28 do reconto previo, mentres que segue en 26 o número de hospitalizados.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, ata as seis da tarde do venres había en Galicia sete pacientes por covid nas unidades de críticos e outros 19 en planta. 

O reconto diario de infectados deixa tres menos, ata os 413, tras detectar 26 novos casos nas últimas 24 horas, polos 28 rexistrados durante dous días seguidos.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 182.899 persoas, das que se curaron 179.871 e faleceron 2.649. 

Galicia deixou de estar en situación de urxencia sanitaria tras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do decreto que levanta esa condición na que a comunidade levaba desde marzo de 2020.