martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

Orozco: "Nunca me pedirán perdón os que actuaron como xuíces"

José López Orozco. XESÚS PONTE
José López Orozco. XESÚS PONTE
O exalcalde descarta volver á política tras a sentenza favorable do caso Garañón: "Agora dedícome a ler, pasear e pensar"

O exalcalde de Lugo José López Orozco mostrouse este mércores "moi satisfeito" e "contento" polo auto da Audiencia Provincial que ordena o arquivo do chamado caso Garañón no que figuraba como imputado xunto co que fose presidente da Deputación Provincial e secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro.

En declaracións a Efe, López Orozco dixo sentir agora "desasosego por aqueles" que o "acusaron sen ser xuíces" e por quen tivo que "abandonar a Alcaldía de Lugo".

"Nunca me pediron perdón ou desculpas, nin mos van a pedir, pero polo menos este auto demostra que todo o mundo é inocente ata que se demostre o contrario".

En canto á actuación da xuíza instrutora, Pilar de Lara, o exalcalde de Lugo dixo que "xa recibiu o seu castigo", aínda que non fose por este caso, dado que "xa non está en Lugo" e foi "apartada durante sete meses do servizo".

O exalcalde descarta regresar á política activa, dado que agora está "xubilado" e dedícase "a ler, pasear e pensar".

En todo caso, recordou que "como dicía Aristóteles, o ser humano é un ser político".

Orozco: "Nunca me pedirán perdón os que actuaron como xuíces"
comentarios