Oliver Laxe apadriña 'O que non arde', un programa contra incendios da Deputación

O programa articúlase ao redor de dous eixos: un primeiro dirixido á prevención dos incendios e un segundo destinado ao mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa
Mónica Freire e Oliver Laxe. CEDIDA
photo_camera Mónica Freire e Oliver Laxe. CEDIDA

O director de cine Oliver Laxe e a deputada de Medio Rural da Deputación de Lugo, Mónica Freire Rancaño, presentaron este martes o plan de axudas O que non arde, un programa que servirá de apoio aos concellos da provincia que velen polo cumprimento da normativa de prevención e defensa dos lumes forestais.

O programa articúlase ao redor de dous eixos: un primeiro dirixido ao fomento da prevención dos incendios forestais, facendo fincapé na roza de masas forestais, matogueiras e outras formacións espontáneas, e un segundo destinado ao mantemento da rede de fajas de xestión de biomasa, fomentando a adquisición de plántulas de especies arbóreas autóctonas.

Trátase dunha liña de axudas á que presta a súa imaxe o director Oliver Laxe -autor do premiado filme O que arde-, e que se implementará a través de convenios interadministrativos de colaboración entre o ente provincial e aqueles concellos que cumpran todas as disposicións normativas vixentes a día de hoxe en relación á prevención de incendios.

O programa conta cun orzamento inicial de 60.000 euros. 

Comentarios