domingo. 01.08.2021 |
El tiempo
domingo. 01.08.2021
El tiempo

Os okupas arrasan cunha casa na Acea do Rei Chiquito

CASA
Exterior da casa. A.C.
Na área de Distriz aparecen restos de botellón

Numerosas prendas de roupa e mobles apareceron amontoados no xardín dunha casa unifamiliar situada na Acea do Rei Chiquito, na estrada vella de Ombreiro.

A casa estivo ocupada por varias familias desde hai polo menos un ano e todo apunta a que foron os seus últimos inquilinos os que propiciaron a imaxe ao ser desaloxados do inmoble.

Ademais, parte do muro do peche exterior apareceu parcialmente derrubado.

BASURAPor outra banda, varios colectores situados na área recreativa de Distriz foron tirados ao chan.

Estes foron baleirados case por completo e o lixo do interior, principalmente restos de botellón, foi esparcido por toda esta zona verde.

Os okupas arrasan cunha casa na Acea do Rei Chiquito
comentarios