Oito árbores bloqueaban o azud do Miño do que se capta a auga de Lugo

O Concello limpou a zona de captación para asegurar o normal abastecemento da potabilizadora
Un momento de los trabajos de limpieza del río
photo_camera Un momento de los trabajos de limpieza del río

Varios operarios de Protección Civil e salvamento e socorrismo acuático limparon o xoves á mañá o azud que regula o caudal que abastece de auga a Lugo, unha tarefa fundamental para asegurarar o bo funcionamento da subministración de auga na cidade. O obxectivo desta limpeza, segundo o responsable de Protección Civil, Enrique Fernández, era evitar a concentración de árbores no acceso da auga á potabilizadora. "É necesario asegurar o caudal de auga que chega á potabilizadora, polo que se procedeu a retirar as árbores que arrastra o río e que se pousaban xusto diante da comporta eléctrica de paso", explicou o director de Protección Civil.

Con catro operarios na auga e outros tantos nas inmediacións, o servizo de limpeza coordinado pola área de infraestruturas urbanas e protección civil, retirou oito árbores de dimensións considerables que, posteriormente, serían cortados e cargados nun camión para ser transportados nun proceso que non contou con ningunha incidencia.

Enrique Fernández falou da necesidade de facer estes traballos no verán. "Temos que aproveitar que o caudal de auga é baixo nesta época para que o traballo sexa máis sinxelo", dixo, aínda que explicou que, en caso de urxencia, "fanse traballos específicos para garantir o normal abastecemento de auga en inverno".

Así mesmo, o director de Protección Civil apuntou que os traballos, que implicaron o corte da ponte sobre o Miño situado á altura da antiga estación depuradora, demoráronse tres horas e media no canto das seis horas previstas nun principio. "Tiñamos previsto que a limpeza durase unhas seis horas, xa que en moitas ocasións hai árbores afundidas que non se ven na primeira ollada. Hoxe tivemos sorte e non atopamos ningún, só os da superficie", revelou.

Comentarios