OCBD trae as propiedades terapéuticas do CBD a Lugo

OCBD ► Tenda de produtos de cannabidiol (CBD) nas galerías de Santo Domingo

Os tres mozos cooperativistas, na tenda OCBD en Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Os tres mozos cooperativistas, na tenda OCBD en Lugo. XESÚS PONTE

OCBD é una cooperativa creada por tres mozos lucenses, que comercializan produtos derivados do cáñamo industrial na súa tenda física situada nas galerías da Praza de Santo Domingo, 2, e de forma online en www.ocbd.es

O CBD conta cunha serie de propiedades terapéuticas como son: antiinflamatorio, analxésico, antioxidante, ansiolítico, anticonvulsivante, neuroprotector e antiemético, entre outras. 

Os consumidores de CBD máis habituais buscan mellorar a súa saúde en temas como o estrés e a ansiedade, problemas para durmir, dores musculares e dores de articulacións entre outros. 

Algúns dos produtos á venda. XESÚS PONTEOCBD está especializada en produtos con contenido de cannabidiol (CBD). 

Esta tenda ofrece aceites, cosméticos, flores e infusións de cáñamo industrial e ampliarán a súa gama de produtos nos vindeiros meses.

Ademais desenvolverán unha proba piloto con dúas hectáreas de cáñamo industrial para produción de semente: "A nosa intención nos próximos anos é ter unha liña de cultivo de cáñamo industrial ecolóxico para a venda de semente", engade un dos socios. 

O CBD é un dos cannabinoides primarios que se atopan na marihuana e o cáñamo industrial. 

En 2021 a Organización Mundial da Saúde (OMS) confirmou que o CBD ten propiedades terapéuticas confirmando o seu uso beneficioso para o ser humano. Non só non ten efectos psicoactivos sobre o organismo, senón que tampouco ten efectos nocivos para a saúde nin xera adicción. 

O cannabidiol (CBD) é un fitocannabinoide "sobre o que se leva moitos anos investigando e hai evidencias científicas de que é moi bo para axudar cunha serie de doenzas, sendo un remedio completamente natural", explica outro dos socios de OCBD. 

Finalmente comentan sobre a industria que: "o mercado do CBD está completamente establecido en Estados Unidos, sendo unha das industrias de maior crecemento nos últimos anos. No caso de Europa e España o boom leva prácticamente dous anos e seguindo esta corrente creamos o noso proxecto para traer a Lugo as vantaxes do CBD".

OCBD 
Dirección ▶ Praza de Santo Domingo, 2. Galerías. Local 6. 
Horario ▶ 10.30 a 14.00 (mañá) e de 16.30 a 20.30 horas (tardes). Sábado: 10.30 a 13.30 horas. 
e-mail [email protected] 
www.ocbd.es ▶ 982.009.243 
Facebook https://www.facebook.com/ocbd.coop 
Instagram ocbd_coop