Unha ocasión para contar con todos

A feira Diversiarte ofrece ata o venres traballos feitos polos colectivos sociais de Lugo, labores orixinais e que coas vendas destes días axúdanlles a financiar a súa actividade
undefined
photo_camera O posto dun dos colectivos que participan en Diversiarte. EP

Traballos feitos a man, por integrantes dos distintos colectivos sociais que operan na cidade e que, ademais, son no seu maior parte ecolóxicos. Esa é a oferta da feira Diversiarte, aberta este mércores en Horta do Seminario e que serve de escaparate do traballo das organizacións sociais da cidade.

A mostra abriu onte e funcionará ata o venres e ofrece aos lucenses a posibilidade de elixir os seus agasallos tendo en conta a visión social, axudando aos colectivos que loitan pola integración, que coas vendas destes días financian parte da súa actividade e que ademais teñen ocasión de visibilizar a súa tarefa.

O mercadillo solidario, cunha traxectoria xa moi consolidada en Lugo, abrirá 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. A cita abriu onte cun acto que non se perderon os políticos e que incluíu unha intervención da alcaldesa, Lara Méndez.

A visita á feira permite coñecer un pouco máis de cerca o traballo que fan os distintos colectivos e pódense atopar agasallos orixinais.

O arranque da feira aproveitouse tamén para lanzar mensaxes reivindicativas. Foi o que fixo a asociación Bonhomía, que realiza unha denuncia social sobre a xestión da saúde mental en España, afectada pola precarización e a falta de recursos na atención, sostén.

"Faltan recursos e a atención psicolóxica recíbese tarde e mal, con moito tempo de espera entre consulta e consulta e con menos dunha hora de duración cando che toca a lotería de acudir a unha delas. Ao final, só recibe unha correcta atención psicolóxica quen pode pagarse a consulta privada", sostén Bonhomía.

Hula. A valorar o traballo social tamén se invita na exposición "Loces de cores", que organiza a asociación Asotrame no Hula.

Así, a planta de oncohematología do hospital loce por primeira vez a exposición de postais coa que desde Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea trátase de achegar un pouco do nadal aos centros hospitalarios.

Comentarios