O Observatorio da USC busca filmaciones sobre o superbólido visto en xaneiro

O equipo de investigación solicita a colaboración cidadá para solicitar probas sobre a pedra cósmica que atravesou a provincia
Imagen del superbólido que atravesó la provincia de Lugo el pasado 18 de enero. EP
photo_camera Imaxe do superbólido que atravesou a provincia de Lugo o pasado 18 de xaneiro. EP

O pasado 18 de xaneiro ás 1.19 horas un superbólido fíxose visible en boa parte dos ceos da península pero foi en Galicia e no Bierzo onde a súa intensidade lumínica puido apreciarse con maior nitidez.

A USC, a través do equipo de investigación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que conta con membros na Escola Politécnica Superior de Lugo dentro do seu persoal, está a investigar o suceso, por iso fai un chamamento público para localizar a persoas que non só teñan a oportunidade de observar directamente o superbólido, se non sobre todo a quen poidan gravalo en vídeo, xa sexa a través de cámaras domésticas ou de videovigilancia.

Na provincia de Lugo fíxose practicamente de día nos cinco segundos que durou o fenómeno, o cal veu acompañado por  un intenso ruído que os cidadáns confundiron cunha tormenta.

CONTACTO. Para calquera información, as persoas interesadas en achegar probas audiovisuais do superbólido poden porse en contacto co Observatorio Astronómico de Santiago no teléfono 699503307 ou no correo electrónico [email protected] da entidade científica.

Un bólido correspóndese coa luz que produce unha pedra cósmica de certas dimensións ao penetrar na atmosfera terrestre e debido á velocidade coa que chega, de varias decenas de quilómetros por segundo, a súa superficie vólvese incandescente.

O do 18 de xaneiro pode ser considerado como un superbólido dada a enorme intensidade luminosa que produciu, xa que a súa luz foi visible desde puntos tan afastados como a provincia de Sevilla.

Comentarios