As obras do carril bici no Rato obrigan a cortar tramos da zona peonil

Os traballos nesta zona verde afectarán á senda desde este martes e durante 15 días
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Obras do carril bici no paseo do Rato. SEBAS SENANDE

As obras de acondicionamento dun carril bici no Paseo do Rato obrigarán a cortar tramos da zona peonil desde este martes e durante quince días. Os cortes estarán sinalizados, asegura a Deputación de Lugo, que é quen acomete a obra. Esta medida é necesaria debido á fase na que se atopa a obra, a colocación dos bordos.

A empresa adxudicataria retomou os traballos fai uns dez días tras quedar suspendidos a mediados de xaneiro polas condicións meteorolóxicas.

Previsiblemente o proxecto estará finalizado a principios de verán, pois, tras a colocación dos bordos, procederase á extensión da terra vexetal e o formigón. Esta fase da obra estará acabada previsiblemente a finais deste mes e, tras a pavimentación, pintarase o eixo do carril bici mediante unha marca viaria reflexiva e situarase a correspondente sinalización vertical.  

A Deputación destina 505.600 euros para a creación dun carril bici de 2,5 quilómetros no Paseo do Rato, unha actuación que permitirá pór en valor este espazo, un dos escenarios naturais máis característicos e concorridos da cidade. Nas obras emprégase material respectuoso co medio ambiente.

Comentarios