A obra da pasarela obriga a cortar unha saída da N-VI desde este mércores

A construción teñen un orzamento de 971.000 euros
Obra de la pasarela de la N-VI. SEBAS SENANDE
photo_camera Obra da pasarela da N-VIN. SEBAS SENANDE

As obras de construción da pasarela peonil sobre a N-VI á altura do estadio Ángel Carro provocarán cortes nun ramal de saída da estrada nacional a partir deste mércores.

En concreto, o Concello anunciou que haberá cortes no ramal de saída cara á Avenida dos Deportes desde o carril en dirección á Coruña. Trátase do punto desde o que se accede á gasolineira Galp e ao hipermercado de Carrefour.

Os cortes débense á construción da rampla de acceso norte á pasarela. Produciranse a partir de mañá, ás nove da mañá. A previsión é que o corte se manteña ata o venres pola tarde.

No entanto, se os traballos conclúen antes, a circulación pola zona restableceríase. Como desvío alternativo se habilitará a seguinte saída, a da Avenida das Américas.

Unha vez instalada a rampla, poranse xa as varandas e a iluminación, así como o mobiliario previsto. A construción da pasarela sobre a N-VI ten un orzamento de 971.250 euros.

Comentarios