O reitor da USC espera que os novos graos atraian máis alumnos a Lugo

O próximo curso impartiranse no campus lucense as titulacións de Bioquímica e Empresa e Tecnoloxía

Durante o acto académico celebrado este luns na Facultade de Humanidades de Lugo con motivo da festividade de Santo Tomás de Aquino, patrón da Universidade, o reitor da USC, Antonio López, asegurou que é "prioritario"o traslado da facultade de Formación Profesorado da súa actual localización na Avenida Ramón Ferreiro ao campus.

Antonio López tamén urxiu á administración que conclúa canto antes a autovía Lugo-Santiago (A-54) que mellorará a comunicación entre os dous campus da USC.

O reitor compostelán, que fixo ademais unha alegación en defensa da universidade pública, comprometeuse a seguir apostando pola investigación, seguindo o exemplo da agrupación estratéxica Biorredes e o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader).

Comentarios