Vendido en Lugo un décimo da Lotería Nacional agraciado con 60.000 euros

Unha parrillada de O Ceao repartiu o primeiro premio de sábado, o 02.412
Parrillada O Ceao. EP
photo_camera Parrillada O Ceao. EP
A lotería acostuma ser esquiva con Lugo no ansiado sorteo extraordinario de Nadal, pero o resto do ano vai caendo algún premio, como ocorreu o sábado. Un lucense viuse agraciado con 60.000 euros —menos os 12.000 que se levará o fisco— ao posuír un décimo do 02.412, número agraciado co primeiro premio no sorteo do sábado da Lotería Nacional, segundo informou a delegación comercial de Loterías e Apostas do Estado na capital lucense. Este décimo do 02.412 foi vendido na Parrillada Juan, que se encontra na Rúa da Industria, no polígono de O Ceao. Este establecemento estaba sábado pechado por descanso do personal. Con un gasto de seis euros o agraciado embolsarase 48.000, tras render contas coa Axencia Tributaria, que lle descontará o 20%.

Este primeiro premio da Lotería Nacional estivo sábado moi repartido. Ademáis de neste establecimento de hostelería da capital lucense, o 02.412 foi vendido en despachos e administracións de lotería dunha docena de localidades españolas das provincias de Ávila, Barcelona, Madrid, Murcia, Palencia e Valencia. Ocorreu algo parecido co segundo premio, o 05.435 —dotado con 12.000 euros o décimo—, que tamén sorriu a once localidades.