Ramón Villares, nomeado doutor honoris causa pola Universidade Rennes-2 da Bretaña francesa

É catedrático de Historia Contemporánea da USC desde 1987 e presidente do Consello da Cultura Galega desde 2006
El presidente del Consello da Cultura Galega, Ramón Villares
photo_camera El presidente del Consello da Cultura Galega, Ramón Villares

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG) e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ramón Villares, foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Rennes-2, da Bretaña francesa.

Villares, natural de Cazás, no municipio lucense de Xermade, será investido en acto solemne o próximo 7 de marzo, cando pronunciará unha lección que versará sobre a Betraña na cultura galega.

Ramón Villares é catedrático de Historia Contemporánea da USC desde 1987 e presidente do CCG desde 2006. Reitor da USC entre 1900 e 1994, desde 2006 tamén é membro numerario da Real Academia Galega (RAG).

Director de máis de 20 tese de doctoramiento, Villares participou en numerosos comités de avaliación de proxectos de investigación. É doutor honoris causa polas universidades de Bos Aires (1992) e Minho (2015).

Comentarios