O Concello organizará visitas guiadas ao museo gratis ata o día 11

Amplían o horario, pero seguirán pechados tres días
Visitas guiadas
photo_camera Visitas guiadas

A concellaría de cultura, turismo, mocidade e promoción da lingua anunciou que, de face á promoción turística da cidade durante a ponte de decembro, organiza un programa de visitas guiadas para facilitar o coñecemento dos museos, os monumentos e os lugares máis emblemáticos de Lugo, ademais de difundir a súa historia. Estas visitas prolongaranse ata o día 11.

As visitas serán dirixidas polas guías oficiais de turismo que traballan habitualmente na cidade e terán unha duración duns 90 minutos. Estas visitas serán gratuítas para toda a cidadanía e os turistas que desexen participar nas mesmas. Comezaron este sábado.

O Concello previu realizar unha visita diaria ata o 11 de decembro, todas elas con saída ás 12.30 horas desde a oficina municipal de turismo, situada na Praza do Campo, 11. Para participar nestas visitas é preciso inscribirse previamente na propia oficina de turismo ou chamando ao teléfono 982 251 658.

Ademais, o Concello tamén anunciou que durante este período tamén os horarios dos diferentes museos provinciais, de tal forma que se poderán visitar os domingos entre 17.00 e 19.00 horas e os luns, martes e mércores de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas.

Con todo, os catro principais museos provinciais no centro da cidade permanecerán pechados por completo os xoves, venres e sábados, polo que os visitantes non poderán velos.

Comentarios