O cemiterio de Conturiz amplíase con 72 nichos novos en panteóns

O Concello aprobou este xoves a licenza para as obras ► Hai tres anos que os veciños iniciaron o trámite municipal
Vista actual del cementerio
photo_camera Vista actual del cementerio

A xunta de goberno municipal aprobou este xoves a concesión da licenza para a ampliación do cemiterio de Conturiz, obra que deberá acometerse nun prazo máximo de dous anos. Os traballos serán custeados integramente polos veciños, que se mostraban este xoves satisfeitos pola decisión municipal, un trámite polo que levaban esperando anos. 

"Levamos xa entre tres e catro anos agardando que ou Concello nos concedese esta licenza e non tingamos moitas esperanzas. O problema é que hai moitas familias novas que non teñen nicho e que, de morrer alguén, podería ter que trasladarse a outro cemiterio", explicaba este xoves o portavoz veciñal.

De momento, non se deu esa situación dado que os falecidos na parroquia foron persoas que xa levaban tempo vivindo en Conturiz e, polo tanto, tiñan nicho.

PROXECTO. O proxecto de ampliación do cemiterio corre a cargo do arquitecto Jesús Quiroga, que cifra en 16.294 euros o custo dos traballos. A ampliación levará a cabo na zona sur do recinto eclesiástico e suporá a dotación de 72 nichos máis para o camposanto.

"Faranse oito panteóns triplos, con seis nichos cada un, e seis dobres, con catro nichos cada un deles. En total, serán 72 nichos novos en panteóns, é dicir, no subsolo", explicou Jesús Quiroga.

Ademais da construción de panteóns, tamén se acondicionarán os arredores, adaptarase un baño para minusválidos dentro da igrexa e tamén se porán ramplas de accesibilidade desde o aparcadoiro. O proxecto inclúe, así mesmo, 15 metros lineais de peche perimetral.

Comentarios