Din que Candia faltou a unha reunión das obras e ela, que non foi convocada

O anteproxecto da Uned non incluía a rede eléctrica necesaria para a sede

O PSOE di que se encareceu porque non se recollían "imprescindibles cuestións"
Obras en la sede de la Uned
photo_camera Obras en la sede de la Uned

O PSOE -partido que gobernaba a Deputación cando se puxo en marcha o proxecto de reconverter o Hotel Miño na sede da Uned en Lugo- indicou este venres que ao anteproxecto redactado pola Universidade faltábanlle "imprescindibles cuestións" como as obras de potenciación eléctrica necesarias para dotar de enerxía ao edificio.

O arquitecto que se encargou de facer posteriormente o proxecto -despois de que a Deputación llo adxudicase xunto coas obras a Construcciónes Carballeira-, Jesús Bouza, explicou que foi preciso incorporar intervencións básicas como reforzar o inmoble, un traballo imprescindible para garantir "a estabilidade e seguridade", e a mellora de condicións de accesibilidade, que non se tiveron en conta. O anteproxecto da Uned pretendía conservar toda a tabiquería, que se cambiou íntegra; tamén, por exemplo, manter o ascensor de 4 prazas, que se substituíu por outro máis amplo ao que houbo que facer oco. A pesar desas carencias, a Deputación usou ese anteproxecto para decidir o orzamento de licitación: un millón de euros.

O proxecto, que obtivo licenza en outubro de 2013, (dun proceso iniciado en 2011) valorouse en máis do dobre: 2.056.000 euros. Con todo, Bouza matizou este venres que o que se adxudicou á empresa foron as obras iniciais (as propostas pola universidade) por valor de 1.186.000 euros, máis un complementario de 479.000 euros; en total 1.665.000. Reduciuse o número, e xa que logo o importe, de obras incluídas no proxecto que se presentou ao Concello ao pedir licenza para que non superase o 50% do importe inicial de licitación. Se o fixo habería que sacar o proxecto de novo a concurso e así se evitou esa medida.

O actual goberno da Deputación criticou o atraso das obras, cuxo prazo de execución finalizaba este venres e das que estiman que falta o 45% por facer. O redactor do proxecto e director de obra asegura que os traballos recollidos no anteproxecto da Uned están "practicamente acabados" e o resto, confía en que estean listos en outubro.

Comentarios