O novo servizo de transporte público de Lugo terá 22 liñas

O Hula gañará conexións con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas
Rubén Arroxo, junto a uno de los buses. EP
photo_camera Rubén Arroxo, xunto a un dos buses. EP

Lugo contará cun novo modelo de servizo de transporte público. Este, foi presentado por Rubén Arroxo, que asegurou que o servizo contará con 22 liñas, seis das cales terán unha función "vertebral". Así, haberá catro grandes liñas para conectar as zonas norte e sur da cidade e otras dúas para enlaza este e oeste da capital.

O tenente de alcalde destacou as conexións das distintas zonas, como o eixo norte-sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos. 

A unión do Campus con Fontiñas terá unha frecuencia de 30 minutos, e contarán con catro liñas realizando esta conexión. A unión da cidade co entorno da Uned terán unha frecuencia de 30 minutos.

Os distintos barrios "melloran as frecuencias de conexión co centro da cidade", pasando da hora entre cada volta que hai actualmente a 30 minutos cando entren en funcionamento as novas liñas.

O Hula gañará conexións con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas, que co modelo actual non teñen transporte directo. As novas liñas permitirán conectar de xeito directo o hospital coas zonas de Fingoi, Magoi, Sagrado Corazón, as Gándaras, Avenida das Américas, Fontiñas, Fonte dos Ranchos, a Abella e Garabolos, "mellorando tamén as frecuencias coa zona centro". 

Un total de 12 liñas conectarán cada hora o centro da cidade co entorno do río, en catro puntos distintos. "Cada 15 minutos pasará un bus das liñas pola pasarela en fronte do Pazo Universitario". O barrio da ponte estará cuberto tamén por este novo proxecto de liñas, que pasará cada 30 minutos. A Fábrica da Luz e o parque da Uned, onde se accede á desembocadura do Rato co Miño, terán tamén unha frecuencia de 30 minutos. 

Nos polígonos do Ceao e das Gándaras "melloraranse tamén as conexións", quedando ambas áreas industriais co barrio de Fontiñas e o sur da cidade, cun total de seis liñas que entre os seus percorridos inclúen a unha das zonas industriais e dúas que pasan por ambas, unindo as áreas industriais de xeito directo con zonas como Fingoi, o Campus Universitario, Fontiñas, Magoi, Avenida das Américas e coa zona centro, pasando moitas destas liñas pola Ronda da Muralla. Ao mesmo tempo, a zona rural manterá o servizo contando con catro liñas de transporte público.

Comentarios