domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Un mozo cun "po branco" sobre a móbil chama aos axentes e acaba detido en Lugo

Acceso al párking de la Praza da Constitución. VICTORIA RODRÍGUEZ
Praza da Constitución. VITORIA RODRÍGUEZ
Reaccionou de forma violenta cando lle pediron que mostrase a súa documentación

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un mozo que aparentemente se atopaba baixo os efectos dalgunha sustancia estupefaciente e que reaccionou de forma violenta contra eles cando lle pediron que lles mostrase a súa documentación.

Os feitos sucederon sobre as 05.10 horas deste xoves, cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno facía labores de vixilancia na contorna da Praza da Constitución.

O mozo, que aparentemente estaba baixo os efectos das drogas, chamou aos axentes e estes, ao achegarse, decatáronse de que había unha especie de po branco sobre a superficie do seu móbil.

Ao pedirlle a documentación, reaccionou de forma violenta e pegoulle un golpe no peito a un dos policías, ademais de proferir contra os axentes "insultos e ameazas graves". Foi inmobilizado e trasladado a un centro de saúde para que recibise atención médica.

Posteriormente, en comisaría, os axentes instruíron dilixencias por un suposto delito de atentado, resistencia e desobediencia a axentes da autoridade.

Un mozo cun "po branco" sobre a móbil chama aos axentes e acaba...