O novo espazo peonil da Mosqueira estará terminado "en poucas semanas"

A nova praza contará cunha pavimentación nova en Lugo, que alterna céspede e baldosas
Arroxo visitó las obras en A Mosqueira. EP
photo_camera Arroxo visitó las obras en A Mosqueira. EP

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, visitou A Mosqueira acompañado do edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, para comprobar os avances realizados na peonalización dese tramo da Ronda da Muralla nas últimas semanas. "Os traballos avanzan a bo ritmo, e en poucas semanas a veciñanza de Lugo poderá desftutar deste novo espazo peonil", asegurou Arroxo. "Desde o Goberno de Lugo marcámonos como prioridade o remate desta actuación nas vindeiras semanas", proseguiu o tenente de alcalde.

A nova praza contará cunha pavimentación nova en Lugo, que alterna céspede e baldosas, o que permitirá "mellorar a percepción  do monumento e abrir á veciñanza un dous espazos máis simbólicos da cidade". Así, será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de lecer, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. "Esta actuación servirá como espello de como se pode humanizar a contorna do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos", subliñou Arroxo.

"Unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista a peonalización do tramo da Mosqueira, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla, dando así solución ás vibracións que están a converterse nun problema para a estrutura, tal e como advertiu o Icomos", resolveu.

Comentarios