Novo ataque vandálico no parque Marcos Cela: catro mozos identificados

Romperon un tramo de varanda. Hai unhas semanas os vándalos tamén causaron numerosas desfeitas
Os valos foron arrincados coas súas bases a golpes e patadas noutro ataque vandálico a principios de marzo
photo_camera Os valos foron arrincados coas súas bases a golpes e patadas noutro ataque vandálico a principios de marzo

A Policía Local identificou o domingo a catro mozos como presuntos autores de novas desfeitas cometidas no parque Marcos Cela. Os identificados, con iniciais, D.A.M., X.V.P., J.L.L.C. e D.G.S., son maiores de idade e un deles foi recoñecido por un cidadán como autor material dos danos.

A actuación policial iniciouse tras unha chamada alertando da presenza no parque dun grupo de mozos que estaba a causar danos no mobiliario urbano. A Policía Local desprazou ao lugar a dúas patrullas, que lograron localizar aos supostos autores das desfeitas, que poden ser constitutivos de delito, polo que os feitos vanse a remitir ao xulgado. O ataque vandálico supuxo a rotura dun tramo de varanda, que se arroxou a unha senda.

O penúltimo capítulo no Parque Marcos Cela produciuse hai unhas semanas, na madrugada do Martes de Entroido. Algúns dos participantes nun botellón na zona arrincaron ramas dalgunhas árbores do parque e cebáronse co mobiliario urbano.

Comentarios