sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo

As novas liñas de bus conectarán barrios e o Hula de forma directa

Interior do novo bus híbrido. XESÚS Ponche
Interior do novo bus híbrido. XESÚS Ponche
Fontiñas, Fingoi, Acea de Olga, Avenida das Américas e Rolda do Carme terán transporte ao hospital sen pasar polo centro

O novo mapa do transporte urbano incluirá a conexión directa de varios barrios co hospital. Segundo explicou este luns o tenente de alcalde e concelleiro de infraestruturas, Rubén Arroxo, Fontiñas, Fingoi, Acea de Olga, Avenida das Américas e Rolda do Carmen contarán con esa posibilidade sen que os usuarios teñan que pasar polo centro.

"Por exemplo, un veciño da Avenida das Américas que quixera ir ao Hula ata ou de agora tinga que ir a pe ou noutro bus ao centro e alí coller a liña do Hula. Agora poderá ir dende unha parada preto da casa", explicou Arroxo, tras a reunión da mesa de transporte.

As novas liñas poranse en marcha unha vez que Monbus instale o SAE (Sistema de Axuda á Explotación de Autobuses), unha especie de GPS que permite localizar cada vehículo. Ata agora a empresa non quixo instalar o SAE municipal, máis eficiente que o que usa a firma, e estivo a traballar co propio. Da súa implantación dependen tamén cuestións como as pantallas de sinalización, xa que se necesita para poder anunciar canto tempo tardará o próximo bus en pasar por determinado punto.

"Está previsto que antes de catro meses xa estea funcionando", explicou Arroxo, que puntualiza que, en canto iso ocorra, todas as novas liñas comezarán a funcionar á vez.

Outra das novidades será a mellora das conexións cos polígonos de As Gándaras e O Ceao e a unión de ambos con Fontiñas. "As frecuencias que actualmente son dunha hora, como nos barrios da Ponte, a Cheda ou a Abella, pasarán a ser de 30 minutos", dixo.

Por outra banda, cada dez minutos poderase coller un autobús que vaia do norte ao sur da cidade. Desta forma, se un usuario necesita ir desde, por exemplo, a Avenida da Coruña á Avenida da Madrid simplemente terá que achegarse a unha parada e terá a certeza de que nun prazo breve poderá tomar un bus que o levará directamente ao seu destino.

Ademais, está previsto que se poñan en marcha tres puntos de transbordo, situados nas paradas polas que pasa o groso das liñas do bus urbano: Rolda da Muralla, esquina con Avenida da Coruña, fronte á porta de San Fernando; edificio de Sindicatos e Avenida de Ramón Ferreiro, fronte ao IES Ollos Grandes.

Esta foi unha petición do grupo municipal do PP e o seu viceportavoz, Antonio Ameijide, que expresou este luns a súa satisfacción pola "escoita activa" durante a Mesa de Transporte. Eses tres intercambiadores servirán para que os usuarios que queiran ir a un punto para o que non hai liña directa desde a súa orixe poidan tomar un segundo bus sen pagar máis que un só billete. "Nesta reunión non se falou de tarifas pero a nosa demanda inclúe que se fagan tarifas planas en función do uso frecuente e que o bus sexa gratuíto para os menores de 18 anos, pensionistas e xubilados e persoas con escasos recursos", dixo.

A mellor articulación das zonas norte e sur da cidade e, en xeral, o deseño de liñas máis curtas pero con máis frecuencias, eran outras demandas dos populares que, segundo recorda Antonio Ameijide, víronse atendidas, quizais non coa ambición coas que as propuñan os populares pero si en gran medida.

Unha app móbil e as pantallas mostrarán o paso do transporte en tempo real
Unha das novidades xa anunciadas para a posta en marcha das novas liñas será a aplicación móbil, que permitirá coñecer a localización de cada bus. Deste xeito, os usuarios poderán saber canto tempo falta para a chegada do que lles convén á súa parada máis próxima. A mesma información darase nas pantallas de cada unha das paradas.

Esta é unha demanda reiteradísima de usuarios e grupos da oposición, despois de que leven anos funcionando sen ningunha información real.

O PP tamén pediu que se elabore un plano detallado e simple, similar ao da rede de metro dalgunhas cidades, para que os lucenses poidan coñecer as liñas. Arroxo xa confirmou que así se faría.

As novas liñas de bus conectarán barrios e o Hula de forma directa
comentarios