Os nenos do Illa Verde gastarán o diñeiro da súa viaxe de fin de curso no comercio de Lugo

El Anpa firmó un acuerdo con la Federación de Comercio de Lugo
Firma del convenio de la Federación de Comercio y el Anpa. EP.
photo_camera Firma do convenio da Federación de Comercio e a Anpa. EP.

Os alumnos de sexto de primaria do colexio Illa Verde gastarán o diñeiro que reuniran para a súa viaxe de fin de curso en compras no pequeno comercio de Lugo.

A Anpa do centro asinou este mércores un convenio de colaboración coa Federación de Comercio que ten como fin apoiar a recuperación económica do comercio. Os nenos disporán de tarxetas prepago para facer comprar no comercio de proximidade.

Os escolares organizaran ao longo do curso diversas actividades, con apoio da Anpa, para reunir fondos para a viaxe co que pensaban pechar o fin do seu paso pola educación primaria. A crise sanitaria levou por diante a posibilidade de facer a viaxe, na que ían estar acompañados por profesores do centro.

Como o diñeiro reunido quedaba sen gastar, as familias e a Anpa barallaron distintas opcións e ao final decidiron que os fondos poderían gastarse no comercio minorista de Lugo para apoiar a súa recuperación da difícil situación en que se atopa como consecuencia da crise sanitaria.

Comentarios